Tuesday 07 de May de 2024

Adiado o campionato galego de surf previsto para esta fin de semana


Desenvolverase do venres 11 ao domingo 13 de agosto na mesma localización: a praia de Soesto.

O cambio de data responde á cuestións alleas ao Concello.

 

A praia de Soesto tiña previsto acoller esta fin de semana, do 4 ao 6 de agosto, o Campionato Galego de Surf por equipos e en modalidade kid e xuvenil organizado pola Federación Galega de Surf e o Concello de Laxe. Sen embargo, por cuestións alleas á Administración local, o evento terá lugar a vindeira fin de semana.

 

Así, a proba desenvolverase do venres 11 ao domingo 13 no mesmo areal, o de Soesto, e reunirá a equipos de diferentes categorías: kids, xuvenil, SUB 10, SUB 12, SUB 14, SUB 16, SUB 18 e SUB 21.

 

No caso de querer participar no campionato por equipos será necesario anotarse antes das 13:00 horas do xoves, día 10, a través do correo info@fgsurf.org.

 

As inscricións para competir no campionato kids e xuvenil poderán formalizarse ata o mércores, 9 de agosto, ás 13:00 horas. O horario provisional publicarase ao día seguinte pola mañá nas redes sociais e páxina web da Federación Galega de Surf.

 

 

Máis información na páxina web da Federación Galega de Surf e Bodyboard.